NOITE-BUS NO MORRAZO XA!!!

4 01 2008

Estamos fartos de ver como o progreso e as melloras se quedan en nada a hora de falar do Morrazo. O único progreso que se fai aquí é que progresivamente temos máis tráfico, peores estradas (xa que se deterioran con maior rapidez) e inda encima non temos uns servicios  públicos axeitados. Unha vez máis os políticos esquéncense do Morrazo, e os nosos mozos se queren ir de marcha a Vigo ou Pontevedra non teñen outra alternativa que coller os coches ou pagar un taxi a un módico prezo de 30 euros. Por outra banda, non so é unha alternativa para ir as vilas máis grandes, senón que os servizos nocturnos entre as capitais comarcais do Morrazo están totalmente esquencidos.

O Noite-bus do Morrazo debe chegar canto antes, e o recorrido debe ser tal como este: Pontevedra-Marín-Bueu-Cangas-Moaña-Vilaboa-Vigo. Con este autobús, mitas mozas e mozos deixarán de coller o coche, reducirase o tráfico nocturno, abaratarase o servizo,  e os novos aforrarán cartos.

É unha vergoña que Cangas, Moaña, Bueu e Marín e Vilaboa  estén tan olvidados para algunhas cousas, e sen embargo pra outras rápidamente se apuntan, como por exemplo a área metropolitana de Vigo. Cada día entendo menos as cousas.