CANTANDO UNHA DE GARDEL

13 04 2010

Como quen morre sen darse conta, como quen escribe por escribir ou fala por falar. Como aquela que reza, como a que pensa en branco ou simplemente existe. Como o que insulta, como o que increpa por increpar ou espera unha resposta. Como o que navega sen rumbo, como o que non ten brúxula ou mapa. Como a que colecciona odio en lugar de rosas, como a que colecciona espiñas en lugar de pétalos.

Como o que chora por non rir, como o que aguanta por aguantar. Como a que luita sen principios, como a que sigue a Vicente ou o rebaño. Como o que come sen ter gañas de comer e bebe sen ter gañas de comer (Mago). Como a que asinte e agocha a cabeza, como a que esconde o rabo ou baixa as orellas. Como o que prefire ser que estar e estar que ser, como o que vive sin vivir e o vivir é un sinvivir.

Como a que pecha o puño en alto, como a que grita ou berra. Como o que canta unha de Gardel, como que hoxe che traigo unha gardenia ou unha rosa vermella. Como a que bica a meixela amiga, como a quen non lle pesa dicir quérote ou ámote. Como o que dá unha man sen precisar que lla davolvan, como o que vive para que vivamos ou para que disfrutemos. Como a que aloumiña a túa ialma, como a que pecha os ollos para verte ou sentirte. Como que me chamo África e sinto que enfermo, como que me chamo pobreza e choro ou morro. Como a que denuncia a un animal vestido, como a que non consinte que a menosprecen ou maltraten. Como o que hoxe fotografía o teu sorriso para empapelar a parede do cuarto, como o que graba a túa voz para oila unha e outra vez no reproductor ou na memoria.





O PARAFUSO E O MARTELO

29 03 2010

O cigarro prendido axudaba a encher de cinza o borralleiro que estaba na mesa camilla. El, con barbas brancas e unha gorra calada ata as cellas, debuxaba ceros no aire ca axuda do fume do “negro”. Facía tempo que non reollaba aquel vello libro que estaba no terceiro estante, o lado dos atlas que tempo atrás tanto uso lle dera. Agora xa vello e con poucas forzas permitíase o luxo de sentarse na cadeira de madeira, pousalos pes no braseiro e voltar a vista atrás axudado polos libros da súa xuventude.

O almanaque comenzara a conta atrás, nunca pensara niso, e agora nun día de chuva e de vento parecía imperdoable que non pensara nas cousas que quería facer antes de irse. Así que pousou o libro o lado do borralleiro, apagou o cigarro e sacou o gorro. Pasou a súa man encallada polas barbas, de arriba cara baixo, percorrendo todo o seu rostro dende as meixelas ate o queixo, deixando caer a man ate onde terminaban os cabelos brancos, repetiu este movemento unhas cantas veces, ca tranquilidade que só dan os anos, ca esperanza que ofrece o tempo e ca naturalidade dun que nunca utilizara unha coitela de afeitarse.

De sócato levantouse, colleu un cuaderno Enri e sacou a pluma que levaba na camisa. Con sutilileza sacou a tapa pousouna na madeira da mesa e preparouse a escribir. “Que podo facer antes de irme?”

“O certo é que nunca antes pensara en que facer antes de morrer. Curiosa paradoxa que nos trae a vida, todo o tempo atrás simplemente vía as horas pasar, sen prisa, como quen espera un autobús, ou como aquel que espera tomando un café a que o da mesa do lado termine co periódico. Hoxe, sin que a data supoña un aliciente, sin que a miña saúde me dixera que facer, empuño unha vella pluma, con menos uso do debido, pero con moita tinta. Que podo facer antes de irme?”





UNHA TARDE NA BODEGA

27 11 2009

-“Despois de que o baghazo esté macerando colles a cunca de serámica e probas un ghrolo. Se está ásido bótalle máis asucar, no caso contrario deixa que o alcohol da fermentasión fagha efecto!”

Saturnino e Meireles estaban sentados nun banco de madeira de carballo frente a nova cuba de aceiro inoxidable que Meireles comprara en Vila de Cruces. O caso é que tras a vendimia están a plantexarse en facer un viño diferente. O caso é que Saturnino, o alquimista do pobo está a intentar facer o que el denomina “A Jran Fusión”, viño e sidra, unha mezcla explosiva para moitos, pero para el é o futuro. El sempre comenta ” se tes un ano malo en masás podes ter un ano bo de uva, e viseversa, polo que a culleita queda totalmente gharantizada”

 





UN RECORD MÁIS??

27 03 2008

Miren como este home Russell Byars de Estados Unidos, un inxenieiro de 43 años, entrou no libro Guinness dos Récords tras lanzar unha pedra sobre a superficie plana dun lago e lograr que esta saltase 51 veces sobre o auga nunha distancia percorrida duns 76 metros.Esta técnica é coñecida popularmente como “facer a ra”, e consiste en provocar un rebote sostido da pedra ó contactar co auga.





NO TODO FILMS: UNHA OPCIÓN INTERESANTE.

17 02 2008

Interesante video que me pasou un amigo que penso que é moi impactante. A voz do neno dalle un aquel que,…, fai recapacitar sobre a realidade social.





O MÁIS VISTO NO YOU TUBE

3 01 2008

Entroume a curiosidade, como soe entrar, de repente. Pregunteime, que será o máis visto no YouTube? Entón foi cando me levei unha gran sorpresa. Esperábame que Shakira estivera nos postos de arriba, ou incluso o primeiro posto de Nelly Furtado non me estranou, pero o terceiro posto do Koala …si que me sorprendeu.

-O caso, o ranquing é o seguinte:

No posto número 1 está Nelly Furtado con  Promiscuous.

No segundo lugar encontramos a moza da Barranquilla con Hip´s don´t lie

No posto terceiro está o Koala, ese mozo máis ben riquiño e que aturuxa

O cuarto posto é para o típico video de ostias que fan gracia.

O quinto lugar ocupao un ser estrano creado por ordenador Crazy Frog





TARDE DE DOMINGO CON GUSTO

30 03 2007

 bonito.jpgUna tarde máis de domingo, agora penso e despois verei se son, (por contra outros pensan logo existen), esto da vida é cuestión de gustos, que para a miña maneira de ver, decirvos que creo que teño un gusto exquisito, por que todo o que me gusta, gústame de verdade, e inda diría máis o meu gusto é o mellor gusto do mundo. Si si, vos estaredes decindo, bueno bueno, “o meu gusto non é malo”, xa pero que eu teño como un master en gusto.

Un exemplo, moitas veces escoitamos que o bonito e o barato son inasociables, (eu son dos que opino esto, case no 100% das ocasións) Como vos decía hoxe fomos o carrefour, e ando ca teima de comprar unha botas trekking, que seguramente despoís non lles faga in caso, pero bueno esto é cousa do consumismo que todos apoiamos, incluso os punkis que van moi de antisistema e o final son tan sistemáticos como Inditex, senon vede os litros de cervexa que consumen, :))  Bueno o caso que me estou desviando, resulta que as botas trekking que máis me gustaban eran precisamente as máis caras!! Incrible!!! A miña teoria: “O meu gusto perfecto” quedaba unha vez máis totalmente  comprobada científicamente, ou polo menos o meu orgullo dun dos meus sentidos máis gostosos, o gusto, estaba ben definido.

De todas maneiras son unha persona moi tolerante e inda con mellor talate por iso nunca direi que teño mellor gusto que o resto, inda que o pense, e non so que o pense, senón que é así. Teño o mellor gusto do mundo, se non ¿Por qué todo o que a min me gusta é bonito?

Fmdo: Un dominguero cualquiera





TARDE DE DOMINGO

27 03 2007

Toma corto, espero que os guste esta sección en donde cada domingo intentaré presentaros algo. Un tema, un corto, un video,  un comentario, …

Si teneis en mente algo que interes o esté relacionado con domigo pues házmolo llegar y juntos crearemos algo nuevo, que tenga que ver por supuesto con: un mando, sofá, siesta, resaca, y de más cosas relacionadas con el fabuloso mundo de los domingos, esos días que parecen tristes y opacos, pero que están llenos de historias. Por ejemplo sabiais que el muro de Berlín cayo un domingo, (bueno esto no se si es verdad), pero quien se acuerda que día de la semana fue aquel 9 de noviembre de 1989, mmm… quizás domingo por eso no me acuerdo.

 Otro de los motivos importantes por los que los domingos, si son importantes en nuestras vidas, es que es cuando juega tu equipo favorito, te ilusionas, coges la bufanda, llamas a los colegas, te tomas unas cañas, vas al estadio, y como este se llame Balaidos no sales celebrando la victoria precisamente.

 Desde aquí un grito al cielo en favor del gran olvidado en toda la semana: Viva el Domingo!!!

Fdo: un dominguero cualquira