Algo se move no Morrazo!!!
Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!
Moito ánimo e longa vida!!!
Algo se move no Morrazo!!!
Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!
Moito ánimo e longa vida!!!
125 Anos de teatro en galego, e para celebralo o Concello de Moaña e a IGAEM convocan os amantes do teatro o vindeiro día 8 de setembro no palco da alameda as 21:30. A obra virá da man da compañía dos Sete magníficos máis un, e serán os encargados de por enriba do escenario a súa nova obra: A cadeira voadora. Esta producido polo Festival de Clown da Galiza, e o igual que os seus cinco traballos anteriores do mesmo productor, terá unha forte presenza do clown, inda que desta vez mesturaraxe con xogos de maxia, circo, etc
Para máis información sempre podemos visitala nova páxina de cultura do Concello de Moaña, o cal dou os meus parabéns, por tal iniciativa.
O 1 Sábado a compañía coruñesa Caramuxo Teatro traerá a Cangas a obra GLUB, GLUB o Auditorio Municipal. É unha boa ocasión para achegar o teatro os nenos da comarca. Dita compañía nace non 2003 ca finalidade de facer teatro orientado para os máis cativos e teatro na rúa, así como pasarúas. Por outra banda a compañía tamén se está especializando nunha escola de teatro, achegando o teatro a xente amateur que lle interese o mundo do directo. Caramuxo teatro pretende facer qeu os máis pequenos encontren atractivo un mundo que historícamente estaba adicado só as marionetas e derivados. Agora con este tipo de teatro podemos seguir pensando nun teatro de calidade en galego.
De bo grado que dita compañía non tardará moito en pasar por Cangas na Mostra Cómica e Festiva. Para máis información podedes pasarvos polo seu portal web http://www.caramuxoteatro.net/
Yoni Mediogramo volve o Morrazo para volver a deleitarnos co seu monólogo. Desta vez visitará o Academia en Cangas, mañá xoves, sendo a entrada única de 5 euros.
Presentovos tamén un video promocional que encontrei no You tube, onde podredes ver parte do espectáculo.
Por outra banda decirvos que Yoni Mediogramo tivo unha gran acollida no público non só en Galicia (onde collemos a primeira o acento coruñés), aquí vos deixo un video onde da as gracias por un segundo posto no certame Radio City (http://www.radiocityvalencia.com/) de monologuistas en Valencia.
Por outra banda se queredes saber máis información sobre Yoni non dubidedes en visitalo espazo web do actor coruñés http://www.mediogramo.com/
O vindeiro mércores 8 de agosto podremos presenciar en Moaña (no paseo marítimo) o espectáculo Broadway, que ven avalado por máis de 55.ooo almas nas bancadas polo seu paso por Europa. Estamos a falar dunha grande oportunidade de poder presenciar preto da nosa casa un espectáculo cheo de efectos especiais, incrible vestiario, xogos lumínicos e todo a maxía dun musical.
Está producido por Teatro Musical BRNO, quenes foron aloubados pola representación de clásicos como “Cabaret” ou a máis recente posta en escena de “Xesucristo Superstar”. T. M. de BRNO nace na República Checa ca idea de fomentar o teatro dramático e musical, tendo hoxe en día unha gran reputación en todo o territorio europeo, por darlles un exemplo decirlles co grupo ten actuacións por todo o territorio do Estado, dende Almeria ata Tarragona pasando por Coruña ou Moaña.
Incrible aceptación do público e da crítica a obra Novecento. Tanto Mighelho Blanco como Antón Ferrari están moi contentos pola acollida que tivo a obra no Salasón, por iso este mesmo venres teremos a oportunidade de presenciar a que está chamada a ser unha das mellores obras de teatro que pasaron pola curta historia do Salasón.
Se non hai cambios de última hora a obra será en torno as 23:00 horas no local situado na calle Lirio de Cangas, moi preto do Ambigú (local onde por certo aconsello tomar unha caña o sair ou o entrar)
O pasado martes 24 de xullo, tivo lugar na sala Salasón o estreno de Novecento, obre dirixida por Antón Ferrari e protagonizada polo xenial actor Mighello Blanco. O éxito foi absoluto, as entradas vendéronse en pouco tempo, quedando tan so unhas 2o entradas para recoller o mesmo día do espectáculo na taquilla. Tralo éxito estase pensando en dar outro pase o vindeiro venres, polo que todos aqueles que estedes interesados podredes tela oportunidade de vela obra. O prezo da entrada anticipada é de 4 euros, sendo de 5 euros en taquilla.
Yoni MedioGramo é un espectáculo creado por Juanillo Esteban, el mesmo se define como un Bufón Urbano, facendo acopio de todas aquelas calamidades que suceden nunha gran vila. Sexo, drogas, e máis ben pouco rock&roll, son parte da temática que desenvolve o protagonista encima do escenario, un monólogo cargado de inxenio e de vivacidade, no que de bo grado nos escarallaremos a rir.Temos a posibilidade de ve-lo espectáculo mañá pola noitiña, cara as 22:30 da noite no Pub con-ache, nun espectáculo que seguro que non deixará indiferente a ninguén. O local está en Seixo, e a entrada é de pago.
NOVECENTO é o título da obra de teatro que será posta en escena o día 24 de xullo no Salasón, en Cangas. Abofé que é unha boa oportunidade para poder asistir a unha gran adaptación do guión orixinal da obra A lenda do pianista sobre o oceáno (filme que recomenda un amigo licenciado en Comunicación Audiovisual). Productora galega, dirección galega e o actor galego, e máis en concreto de Cangas. Miguello Blanco, protagonista da obra que será presentada en estreno o martes da próxima semana, é un actor local con traballos polo resto do país. Entre unha das últimas aportacións o cinema local, encóntrase a curtametaxe levada adiante polo Taller Audiovisual de Cangas, no que el encarna a un cura que se namora. Cando sexa posible pondrei a curta no youtube e neste blogue, co fin de seguir difundindo a cultura e ocio do Morrazo.
Comentarios recentes