ONDE ESTÁ O PSdG DE CANGAS
4 02 2010 Parece incrible que non teñamos noticias de Otero e os seus. Pasou case unha semana dende que a Voz publicara a ruptura de goberno de ACE. Dita ruptura viu motivada en gran medida pola reorganización de goberno que Clara Millán fixo en Urbanismo. Mariano Abalo tivo que deixar a concellería, pero deron un prazo de tres meses para solventa-lo que segundo eles era un erro do BNG. O non retractarse ACE rompe co pacto tripartito.
Curiosa a situación que se vive no outro partido do tripartito. O PSdG de Cangas leva toda a semana sin decir nada. Pero o que é peor, a Tomás (edil que sustitúe a Docampo, aquel crack que se deu conta que o do Concello de Cangas era peor do que imaxinaba) a alcaldesa tamén lle quitou a concellería de Medio Ambiente. Pola contra Otero e os seus non respaldaron o seu compañeiro.
Agora a pelota está na casa do PSdG pero non queren xogar, prefiren manterse fóra do campo de xogo, así aseguran un empate, e por suposto, nin se desgastan nin se cansan. O problema é que inda non vin un partido que se gañara sen xogar, a non ser partidos que se ganan nos despachos de Madrid.
Otero esperta!!!!
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Uncategorized
COMO SER UN PIRATA E VIVIR NO RÍO BOUZÓS
3 02 2010Dende a tempos que nin as cámaras de fotos capturaron Casimiro Boubeta viviu entre os cantos rodados do Río Bouzós, o cal el considera “o río da vida e da morte”. Pola súa retina pasaron moitas imaxes históricas, moitas das cales forman parte da historia da vila, quizáis recordar aqueles tempos, non sexa absurdo, se ben, canto máis entendamos o noso pasado máis fortes seremos de cara o noso futuro.
“Recordo no ano 37 cando os republicanos subían río arriba, deixando atrás mulleres e nenos, ca única esperansa de volvelos a ver. Na máis que levaban un macuto o ombreiro, cun pouco de pan, algho de tousiño e un pouco de chiculate, que anos atrás se pusera de moda ca entrada dos burgheses cataláns. Un día un rapaz duns dezaseis anos acheghouse a min, pousou o macuto no chan, levou as mans a cara, e entre choros e berros de impotencia pediume que coidara da súa irmá. Aquela nena que se chamaba María é a miña muller, filla da muiñeira do Tromentelo e do Mestre de Cangas, o señor Evaristo. Non recordo nada máis daquel rapaz, tan só me veñen a cabesa situasións que recreei no meu imaxenio grasias as verbas amables e sempre cómplices de María. O que hoxe suponse sería o meu cuñado tería 88 anos, din que morreu poucos días despois de que o atoparan, preto dos montes de Ermelo, onde o monte bica o ceo, onde case se pode soñar sen durmir e onde cada 25 de xullo subimos a familia enteira, a rendirlle o noso pequeno homenaxe.”
María
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Uncategorized
RUPUTURA DE GOBERNO EN CANGAS
30 01 2010A ruptura de goberno en cangas poderá traer moitas cuestións a plantexarse, non só polos políticos senón tamén polos veciños. Os case tres anos de goberno do tripartito foron un verdadeiro desaguisado, unha cuestión de forzas, de orgullo e máis de chulería propia dun jodechincho.
A realidade política reabre novos debates no consistorio municipal. Clara Millán asumirá gran parte do traballo no goberno, posto que o PSdG xa anunciou que non serán eles os que collan ningunha das concellarías vacantes. Así o grupo liderado por Otero segue nas mesmas, sálese da bronca que tilda de dous, e así eles quédanse nun segunda plano por un puñado de votos. A situación dantesca dos socialistas cangueses e un claro símil ca fórmula de pasar desapercibido. Levan todo un goberno remando entre dous mares, sen tomar cartas no asunto. Pola contra o BNG segue na súa postura quintanista de facer populismo barato, as declaracións de Clara e de Óliver son dagas envelenadas contra os edís do resto de partidos, e non son capaces de velas carencias internas das súas carteiras. Recordemos que Óliver perdeu unha das partidas económicas máis grandes da UE para a Escola Taller de Cangas nun ano complicado para o paro xuvenil, e Clara no seu afán de protagonismo segue a coleccionar carteiras para seguir sen facer nada, en benestar, urbanismo e agora tamén personal.
Na axenda do concello cremos que deberían estar os seguintes asuntos:
-O PXOM é unha obriga que o pobo de Cangas delegou nos concelleiros.
-Posta en marcha dun plan municipal de fomento de emprego.
-Massó.
-Recuperación do patrimonio histórico.
-Apertura do local de ensaio. Oscar Graña a que esperas!
-Posta en marcha dun plan deportivo municipal.
-Mellora do casco vello. PEPRI
…seguro que hai máis engade a túa proposta nun comentario. A ver se se poñen a traballar xa!
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Uncategorized
DE PROBAS CO WINDOWS 7
29 01 2010Despois dalgún tempo Ocioloxía volve cas armas cargadas, cargadas con palabras, con novas ideas, con novos retos, con novas metas e ca mesma retranca que sempre. Non esquencemos os nosos enimigos, pero tampouco esquencemos os nosos amigos. Non lle guardamos rencor a ninguén, pero estamos dispostos a todo. Somos os mesmos de sempre, pero cada día teremos unha máscara. Cada día, cada hora, cada minuto, cada segundo da nosa vida seguiremos loitando a prol do ecoloxismo, en contra da especulación, estaremos do lado dos veciños e contra os alcaldes (por exemplo Caballero). Seguiremos bicando os fermosos beizos da cultura e na outra beirarrúa das forzas de opresión cultural, intelectual e psicolóxica.
Só precisamos unha cousa, crer que podemos!!!
Ocioloxía segue a convidarte a que contribuades ca nova etapa.
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Uncategorized
ENTREVISTA DE RAFAEL CUÍÑA A QUIN
19 10 2009Quin como pitoniso non tiña precio. O caso é que esta entrevista ten moi poucas visualizacións, o cal a min me parece realmente estrano, dada a repercusión de ámbolos persoeiros.
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Uncategorized
UN APOIO
19 10 2009Ocioloxía quere mandar un apoio sen fixuras a tódolos votantes de partidos de dereitas que falan e pensan en galego. Por que non é delito ser un votante do PPdG e falar e vivir en galego, inda que moitos non queiran amosar esta cara do partido que hoxe goberna en Compostela. Por iso, e inda que dende este portal temos tido os nosos encontros, queremos facer un declaración en prol do uso do galego en tódolos ámbitos.
Persoeiros como Rafael Cuíña, Xosé Luis Barreiro e outros afiliados do PPdG, son claros defensores da lingua, polo que dende hoxe tan só queremos que saían verbas de folgos para que continúen loitando polo que cren xusto. Mañá xa veremos!!! 🙂
O centro-dereita galeguista bota a andar… Ánimo!!
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Uncategorized
NOVAS FOTOGRAFÍAS EN IMAXE E SON
17 10 2009Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Uncategorized
COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRASO
10 10 2009O CIM volve a palestra cun menxase claro e sen rodeos: “Massó non será o que quere a señorita Clara Millán, O BNG cangués presenta un equipo de incompetentes onde non ten cabida o senso común” Con estas verbas o lider separatista Manolo do Sacho abría a rolda de prense presentada polo equipo do CIM na antigua baleira de Massó.
A totalidade do discurso ía dirixida o BNG e a pasividade cómplice do PSdG, aludindo e deixando ver as ligazóns entre Caixa Nova e Clara Millán, a quenes sitúan na mesma onda. Toñito Clarete, home duro da organización morracense, aludiu esta mesma mañá os lazos de unión que Clara Millán mantén con altos cargos de Caixa Nova, principal valedor do futuro complexo de Massó. En verbas de Toñito “a situasión está como está, e non imos quedarnos calados mirando para eles, se hai que pasar a acsión pasaremos, pero eles sejuro que non pasarán. Dame ijual se traen antidisturbios de León ou de Mursia, son a mesma pandilla de descerebrados que se recrean pejándolle palisas a un jrupo de persoas que luita pola paralisasión dunhas obras ilegais e ilóxicas.”
Seis grilleiras dos antidisturbios estiveron na tarde de onte desafiando a un grupo de manifestantes que non permitían o paso dos camións a Massó para seguir cas obras do novo porto deportivo. O caso é que se se chegan a producir feridos pola carga policial o CIM manterá como máxima culpable a rexidora nacionalista. “Non teñen juevos a vir de un en un, por que xa che dijo, danme ijual sinco que sincuenta” “Son catro fascistas que veñen aquí a disirnos que temos que faser” “A Clara Millán ofreséronlle traballo en Caixa Nova, o que non sabe ela é que despois vanlle dar unha patada no cú” Estas e outras menxases foron as que se deixaron ouvir na antiga baleira, e o clima belixerante propiciado pola alcaldesa parace que non vai terminar axiña.
O CIM finalmente para pechar a rolda de prensa, falou da “absoluta nesesidade de frear a destrucsión do litoral canghués, e que as visiñas e viciños de canghas poden estar tranquilos por que eles mesmos emprenderán acsións contra eses enerjúmenos”
Comentarios : 1 Comment »
Categorías : Uncategorized
Comentarios recentes