S.O.S. MASSÓ

25 07 2009

O VINDEIRO DÍA 1 DE AGOSTO MOVILIZACIÓN EN CANGAS POLA DEFENSA DO LITORAL GALEGO.

salvemos-masso

A Autoridade Portuaria, a cal encabeza a ex-alcaldesa de Vigo Corina Porro, segue a considerar legal o atropelo urbanísitico de Massó. Un paraíso que debe ter un futuro público e para disfrute do pobo morracense e de quen queira vir a esta acolledor paraxe galego. Sen embargo os de sempre, seguen a encherse a boca con falacias propias do NODO franquista, defendendo a tese de que o novo porto deportivo traerá postos de traballo a unha zona sensible en canto o emprego se refire

Eses postos de traballo os que se refiren non son outros que os de servir a uns ricachóns, ser servos dos caciques e rendirlle a pleitesía que eles queren. Non estamos dispostos a considerar a súa idea como a única, e dende o pobo de Cangas defenderemos con uñas e dentes a nosa terra. O banco pesqueiro e a zona industrial de Massó non pode ser vendida o mellor postor, xa que os grandes perxudicados seremos as veciñas e veciños da vila.

A nosa aposta por un medio de vida sostible pasa por plantexar unha solución realista, acorde cos novos tempos, onde o ladrillazo non teña cabida. A día de hoxe a sociedade morracense, madura intelectualmente, non está disposta a deixarse camelar por catro “iluminatis” que queren calar o pobo a base de cargas policiais desmedidas, de arrestos e de criminalización do movemento do Foro Social. Caixa Nova, a Autoridade Portuaria,  e máis a prensa afín, desafía unha vez máis o poder de movilización da sociedade galega, e desafía unha vez máis a ideosincrasia morracense.

Non pasaremos por víctimas, porque inda temos moito que dicir, non somos víctimas por que nesta guerra quedan moitas batallas, e a próxima batalla xogámola en casa, e onde máis lles doe, en pleno verán. Este 1 de agosto tes a oportunidade de dicir: Non o porto deportivo de Massó!!!!!





GHASTAS PISTA?!

11 06 2009

Ghastas Pista ou chímpaslle outra ghaseosa!?

Estarase perdendo aquela frase que servía para máis que romper xelo, romper alghunha cara dunha mascada?. Ghastas Pista é unha páxina referente no eido musical galego. Sendo parte da historia galega musical escriben o seu carón as novas páxinas da fonoteca galega. Por suposto que aquela frase Ghastas Pista non deixa de ser un orgullo do Rock Bravú que espertou na xeración dos oitenta un sentimento desenfadado e sen aranceis de ningún tipo, sen cuestións de inferioridade e ca vista posta nun futuro esperanzador, futuro que hoxe vemos como presente e que está chamado a que sigamos loitanto pola defensa da cultura ghalegha, con gheada e con seseo, como se fala na miña casa, como se fala na rúa.

E tí? Ghastas Pistas?!





NOVAS en OCIOLOXIA:

9 06 2009

-Temos actualizado o noso espacio de OBEROBREO con tódolos capítulos feitos ate o momento.

-Concertos para este fin de semana en OCIO MORRAZO!!





IAGO ASPAS, GRACIAS!!!

7 06 2009




CAL É A TÚA FESTA MORRASENSE PREFERIDA?

4 05 2009




4 04 2009




CAPTÍTULO BETA DE TIEMPOS DE LLUVIA.-

24 03 2009

Aquí vos deixo o Capítulo Beta de Tiempos de Lluvia. Temos so o audio neste link, por motivos de tamaño non o puidemos colgar no YouTube, e por suposto non íamos cortar o programa.





A NOSA PRIMEIRA ENQUISA

8 03 2009




OBEROBREO ACTUALIZADO

8 02 2009

Con motivo da nosa revolta cultural frente as treboadas de inxustizas, de telebasura e de falta de espazos propios, OBEROBREO crea un espazo social cun fondo de reencontro con aquelas radionovelas de mediadas do século XX. Os novos abatares da vida, nun espazo único, internet. Agoa actualizados en Ocioloxía para que teñades un arquivo de tódolos seu traballos. Ademáis recordamos que nas nosas ligazóns podedes atopar o blogue de OBEROBREO, onde atoparedes máis curiosidades deste fenómeno social que inund as nosas rúas e que se incrusta nos nosos miolos.

Un gran saúdo para OBEROBREO!!!





OBEROBREO, conócelo??

22 01 2009

Unha forma de chegar a tocar os sentidos, que non sabes cal é? Seguro que non probaches a escotar o tacto ou a mirar o olfato, mestura de sensacións…Unha historia, un deus, un amigo…

Pois o caso que OBEROBREO estrea un novo capítulo, e a título peroal pensamos que é un dos mellores exemplos de radio-novela que se fixo nos últimos tempos. Invitamos a todo ser con corazón que escoite este relato…

Noraboa OBEROBREO!!!!!!