EN IMAXE E SON

BARRA O NATURAL.-

Barra é coñecida pola gran maioría por sela praia nudista do Morrazo. Pero nos seus adentros agocha unha gran variedade de espazos, polos que podemos percorrer parte da nosa historia como a ponte romana ou as vellas cepas sobre os areais máis altos da zoa. Dise que antano aquí se facía un dos mellores brancos da Galicia, non sabemos se é certo, pero sempre nos queda alimentala lenda.

Foto0030

Foto0033

Foto0034

Foto0043

Foto0042

Foto0048

RIBADAVIA, VIÑO E PAPUXA…

Inda quedan rincóns para o romanticismo, lugares onde podes chegar e sentirte como en casa. O Papuxa é un deses lugares, cheos de recordos, de tertulias que perduran no aire e cun cheiro a fogar. Fogueira encendida, chourizos colgados dunha vara de castaño e queixo e xamón encima do mesado, logo un pouco de viño e a disfrutar da compañía…

CABO HOME, O FIN DO MUNDO PARA BEROBREO…

Naquel tempo as cousas debíanche ser difíciles, a supervivencia total. O fin de mundo para moitos, a adoración do deus da saudade, o paganismo entendido como meta para a salvación e as loubanzas de moitos peregrinos fan deste un lugar cargado de algo que non podemos explicar. Só o maxín pode decircho…

UNHA MAÑÁ CALQUERA…

Un domingo decides que vai ser diferente, tomas o café e les a prensa, nese momento daste conta que fai unha estupenda mañá (como decían Os Planetas, Un buen día).

VOLVEMOS A ESTAR NO COUREL…

E unha mañá saes da casa, colles algo de víveres e auga, e percorres a historia viva do Courel. Pechas unha cancela e abres outra que estranamente che resulta familiar, un novo balado atópase ante nós- Sos Courel

SDC13419

SDC13431

SDC13432

SDC13451

SDC13491

SDC13499

SDC13530

SDC13545

PASEAR POLA A GUDIÑA, UNHA SORPRESA, QUE É?…

Pois sí, non sei como acertaches, é un boneco de neve, pero un boneco dos que se fan en terras frías, sen cachondeo… Para empezar a bufanda é unha tira de bolsas de lixo, os botóns típicos de todo boneco de neve que se tercie son neste caso cascos de botellíns de cervexa, a basoira é unh viga (que a saber onde a sacaron). E por si a xente non se da conta das dimensión do mesmo, fixérono o lado dos contenedores de lixo, e por soposto sobrepasa en volúmen a estes. Agora imaxino a eses nenos grandes facendo o boneco… por que ninguén pensará que o fixeron cativos non, é como crer que o menxase de Nadal do Rei é en directo, pero home…

foto0952

Por suposto hai unha segunda parte, como ven sendo habitual neste espazo, e na seguinte foto vemos o medio de locomoción que utilizaron estes devanceiros do humor…unha grua!!!…gracias!!!!

foto093

COMO DIXO SUSO DE TORO: “INMERECIDA VICTORIA, MERECIDA DERROTA”

O imaxinario popular segue a darnos moito xogo neste espacio ociolóxico, a verdade é que sen moitos destes hachazgos nunca teríamos un verdadeiro blogue, polo que quero felicitar e agasallar cunha aperta a tódalas persoas que fan posible este espazo.

O caso é que inda que a chuvia desaparecese seguiamos en inverno, e pensabamos que o sol duraría máis tempo… Quen sabe o mello algún día,…

foto0398

Pero o mellor está por vir, ou polo menos neste post, mirade de onde sacamos esta fotografía

foto03992

PARA VOLVER SOBRE OS NOSOS PASOS E NON ESQUENCER O NOSO CAMIÑO:

As veces para non esquencer o camiño de volta a casa tir no chan unhas migas de pan, garabanzos ou pedriñas. O motivo non é outro que o de non perderme, que está ben para encontrarse, para verse dende fóra, para recapacitar e chegar a ser un mesmo. As veces sufro en silencio o medo a perderme e as veces alégrome de sentirme sen rumbo. As veces prefiro non tirar pedras e encontrarme no mundo, sen saber a onde ir… (Garabanciño)

PUNSET vs. DARWIN…

Cando a mente humana consegue chegar a atopar o inxenio o imaxenio… Mellor que fale o propio Eduard Punset:

El gran descubrimiento de Darwin fue constatar que la melodía de la evolución de las especies no eran los arquetipos, sino el río de la diversidad que reflejan la evolución de esos arquetipos.

Punset como Darwin
Antes se creía que la evolución estaba representada por los sucesivos arquetipos representando a insectos, reptiles, mamíferos, primates y homínidos. Darwin demuestra que se trataba solo de fotos efímeras de un instante y que la melodía de la evolución yacía en la diversidad continuada que dejaba entrever el origen de las especies. Lo otro, no era más que ruido.

Darwin creó la música de las especies, el hilo conductor que nos ha llevado hasta lo que somos hoy. La música, el secreto de la evolución de la vida, está en la diversidad que lleva de una especie a otra.

UN PASEO CARA O CEO…

Non sei pero xa ten título de película de máis de tres horas. E logo non fan falta polo menos estas tres horas para atopar moitos rincóns incribles na Ría de Aldán? Aquí un paseo polo litoral da parroquia de Aldán, moi preto do Buraquiño, un sitio perfecto para tomar un café quente pola tardiña, vendo como o inverno che deixa a oscuras as seis da tarde…

foto086

UN BODEGÓN REMATADO…

Sempre cunde pasear pola memoria, e lembrar aquelas vellas comilonas, as cenas de amigos, de compañeiros de clase e de colegas de traballo. A verdade é que as veces un pasa a vida remomerando aquelas vellas batallas cando inda pode comezar novas andainas. Pero é certo, gústamos de capturar o pasado e volvelo a remexer, quizáis por que só nos acordamos das cousas boas xa que a memoria fixo a súa propia selección, e non fallou.

foto095-640x4801

UN LONGO ANDAR..

Un longo andar por terras de diferentes puntos da xeografia. Un longo andar por bosques, vilas e mar. Un longo andar nunha noite de pedra e un longo andar pola tua memoria. Aqui vos deixo algunha fotos de diferentes lugares, dos que cada un gardamos algo especial.

PASEAR POLO NOSO “FIN DO MUNDO”

A Costa da Vela, Cabo Home, As Cíes, O Facho, Donón,.. e só unha pequena lista de lugares indispensables na visita o Morrazo. Todos eles se encontran na parroquia do Hio, no fin da Península, que parece morrer nas vivas augas do Atlántico. No fondo as “Illas dos Deuses” un pequeno reducto de incribles areais e pinares que parecen escoltar e protexer o Morrazo.

Aquí unha pequena recopilación das fotos que nos chegaron o blogue. Pedimos que sexan cautelosos e que as saiban dosificar, unha enchenta das fotos pode ser moi perxudicial para a saúde das persoas, e para os que non son persoas tamén.

O COUREL: RECUNCHO DOS NOSOS SENTIDOS.-

Pasear polo Courel. Deixar levar os nosos sentidos polos ríos e devesas que agocha o Courel. Chegar a Seceda, un pobo totalmente reconstruído e rehabilitado, onde nas vacacións toma a vida que antano tivo. Pasear polo río Lor, ou mesmo deixarse levar polos encantos das antigas minas que agora parecen durmir.

dsc02322.jpg

 

dsc02291.jpg

MASSÓ PARTE DA NOSA MEMORIA VIVA

Massó foi e será parte da nosa historia. A conserveira condicionou a nosa personalidade así como a propia morfoloxía do concello cangués. Agora está no centro do debate, e moitos somos os que sabemos que Massó é o futuro de Cangas, e del dependemos. As cousas han se de facer ben, un Massó para Cangas, un Massó de futuro e non para ricos.

 

dsc02006.jpg
dsc02077.jpg

A NOSA FRAGA

É a última fraga de Cangas. Os eucaliptos están terminando cos carballos, e en poucos anos se non se actúa antes, podremos dicir que os eucaliptos dominan totalmente a costa morracense. Mentres, admiremos o tesouro mellor gardado dos montes de Coiro, e intentemos conservalo, a solución está na conciencia de cada un. Aquí vos deixo unha imaxes de corredoiras, ríos e carballos que parecen resistir o avance impasible da peste australiana. Invítovos a dar un paseo polo noso monte máis noso.

 

dsc01986.jpg
dsc01978.jpg

UN VECIÑO PECHADO O MAR

Dende fai anos levamos escoitando aquela bonita frase de Abrir Vigo o Mar. Esta frase máis preto da luxuria e da mentira que da finalidade e da verdade estase a converter no verdadeiro escaparate dos diferentes alcaldes de Vigo, Pérez Mariño, Corina ou o ghran Caballero, a quen dende aquí pido a súa dimisión e que se vaia de Galicia, a Mozambique, Noruega ou Birmania, dame igual pero que se vaia lexos, cando máis mellor. Non vexo o mar…

 

dsc01892.jpg

UN PASEO POLO CORAZÓN MALFERIDO DE CANGAS:

Facía tempo que non me deixaba levar polos recunchos máis inóspitos do casco vello de Cangas. Facía tempo e xa recordo porque non me deixara caer por estes lares. Volvín dez anos atrás e lembro que todo segue igual que por aquel entonces. Non mudou nada, e o qeu mudou non foi a mellor, frente as novas casas restauradas, qeu queren devolverlle o sentido a estas rúas encontramos verdadeiros delitos arquitectónicos sen qeu ninguén poña o grito no ceo. Por iste motivo fixen un pequeno álbum de fotos, de pouca calidade por certo, xa que de ser con un cámara de verdade (e non ca VGA do meu mvl) as fotografías parecerían sacadas de contexto.

De tódolos xeitos o aquel nostálxico hai que mudalo por unhas doses de revolución, unha revolta contra todo ripo de feísmo que destrozan o corazón de Cangas, e o deixan malferido por moito tempo. Para que no Morrazo non teñan cabida os terroristas do jalpón.

imagen025.jpg

imagen027.jpg

imagen030.jpg

imagen032.jpg

UN PASEO COS MARIÑEIROS:

dsc01668.jpg

dsc01673.jpg

dsc01676.jpg

 

dsc01675.jpg

PRESENTACIÓN

Co fin de presentar unha bitácora máis dinámica e con maiores recursos dos que tiña, tras este 2007 cheo de bos recordos cibernéticos, o 2008 Ocioloxía evolucionará, presentando un novo deseño e novas seccións.

O dito agora so falta ter tempo libre e poder encher estes espazos que na nosa cabeza xa teñen forma.

Intentaremos que cada mes teñamos unha colección de fotos, videos, e ante a falta disto unha boa parrafada que contar.

As fotos que presentamos a continuación son de Malpica, que pese a brutalidade urbanística que sufriu esta vila nas últimas décadas, podemos dicir que segue gardando unha ialma única. As súas rúas estreitas e empinadas, parecen levarnos a outra época, xa que por boa parte de Malpica é imposible levar o coche. Por outra banda o porto, cunha gran actividade, enche de vida a vila. Nos meses de verán as rúas son buliciosas, e a certa tranquilidade do inverno troca ca chegada de turistas en búsqueda de turismo económico, gastronómico e sen grandes aglomeracións.

Cabe resaltar duas cousas moi importantes a hora de falar de Malpica. A primeira é a marcha nocturna, e a súa “ruta da parrochiña” como é coñecida a zona de pubs. E por outro lado a cerámica dunha das parroquias de Malpica, coñecida cando menos en toda Galicia, e considerada un dos elementos máis representativos da artesanía galega, Buño.

 

dsc00809.jpg

 

dsc00812.jpg

 

dsc00807.jpg

Unha resposta

8 03 2009
Chapela

Que grandes as fotos tio! unha boa película da nosa terra, como xa lle contei a Xavi, animo a seguir con esta historia de series radiofónicas e de creatividade canguesa, iréi enviando o blog a miña xente como pequena aportación, unha aperta!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: