GRUPOS DO MORRAZO

Neste espazo publicaremos pequenos resumos dos grupos e bandas do Morrazo, eses grupos que todos debemos coñecer por aquelo de loitar polo noso. Dous son os motivos polos cales queremos que este sexa un eixo do blogue de ocioloxia. O primeiro motivo é fomentar a creación de grupos musicais e a súa promoción. E o segundo é que está ben que coñezamos os grupos da nosa terra, por aquilo de non parecer ignorantes cando un de fóra nos diga se coñecemos a un grupo do noso pobo e teñamos ou que mentir ou decir que non coñecemos dito grupo Para que isto non suceda Ocioloxía quere fomentar a promoción dos grupos do Morrazo Se tes un grupo e non saes non o dubides mándanos un comentario e rápidamente publicaremos o teu resumo.

FAINOTI

fainoti.jpg

Grupo de Bueu que mezcla sons de rock, con ska e reggae. Están causando unha moi grata sensación na crítica local, polo que é probable que teñamos noticias dende fóra deste grupo. Fainoti están inmersos na grabación da súa primeria maketa, e ata o momento tan só podemos presentarvos un link do seu myspace onde aparecen cancións en directo cun son bastante limpo.

Además aportamos tamén un link o seu blogue onde podredes coñecer un pouco máis de preto a historia de Fainoti.

 

NOVO MORRAZO

novomorrazo.jpg

Nace Novo Morrazo baixo o amparo de estilos como o rock, o punk e a música celta.Estas so as verbas qeu acompañan o seu myspace

Polo recoñecemento da nosa terra, a nosa cultura, a nosa musika. Pola union de todalas mans labregas e os corazons revolucionarios galegos. Por abrir os ollos na escuridade e pretender liberar a galiza das sombras. Por erguer os puños o son dos nosos canticos e plantarlle cara a represion…
LA TUNA RASTAFARI
o-neto.jpg
Un grupo cen por cen auténtico, con moitas referencias, co mariachi como bandeira e a festa como modo de vida, esta banda que parece resucitar co verán converteuse no verán pasado como unha das bandas de referencia no panorama musical morracense. Agora e tras moitos concertos as espaldas dos tuneros, presentamos en Ocioloxia un grupo con sabor a mar, con sabor mexicano e con sabor a romaria. Alex, líder do grupo e ex-Dos Pelos Negros, tamén ten carreira en solitario como O Neto de Manoel.
O seu myspace defina bastente ben o que realmente son os tuneros, pero se inda así parecevos saber pouco do gurpo morracense, podedes pasarvos polo seu fotolog
DEFEKTO ÓPTIKO
defekto-optio.jpg
Bueu sempre foi berce de grupo punks, e Defekto Óptiko é un grupo cen por cen buenense. O seu estilo punk, ven acompñado as veces de destellos rocks, pero tan só para enfatizar o seu estilo persoal. Agora Defekto Optiko conta con myspace onde podemos coñecelos un pouco mellor.
SOAK
soak_2004.jpg
Pouco hai que decir cando falamos de Soak. O pensar en Soak pensamos inmediatamente en Suso-Soak, o líder que leva o frente da banda dende 1989 cando bota andar o proxecto que hoxe xa é unha lenda na comarca do Morrazo.
Eles mesmo definen o seu estilo como Punk-Rock Furtivo e Corrosivo. É un punk frenético, rápido con letras impactantes e directas, con crtíca social pero tamén con espazos para as letras máis preparadas e coñecidas do panorama morracense.
Dende Cangas presentamos a este grupo autor de cancións tan coñecidas como Que se Joda el Mundo o Carrero Blanco.
Soak pode ser un dos grupos máis internacionais que ten e tivo o Morrazo, fora das nosas fronteiras e moi coñecido, sobre todo no panorama punk galego e vasco, gracias as numerosas actuacións con grupos da zona.
Soak son e seguirán sendo o referente punk na comarca, non só para os grupos que xa están en activo ou que acabar de comezar a tocar, senón para aqueles grupo que virán mañá, e qeu coñecerán o traballo de Soak. Permanecerán nos nosos miolos, gústenos máis ou menos pero o qeu é seguro é que estarán no noso pensamento o oir falar de Punk ou de música no Morrazo.
Temos máis información sobre eles, así como as devanditas cancións no seu espazo no myspace
MALAS PULGAS
malas-pulgas.jpg
Malas Pulgas non é un grupo máis de punk. Apadriñados polo gran Suso Soak, chegaron a facer grandes concertos, qeu seguro qeu moitos non esqueceran. Foron fillos dun proxecto de divertimento, que os levou a tomarse máis en serio este embarcamento. Hoxe, tras case tres anos tocando parecen xa uns veteranos de guerra, pero inda teñen moito que decir e moito que tocar.
Podemso escoitar algo deles no seu espazo no myspace, así como ler algo máis sobre a súa vida.
JIT
jit.jpg
Un dos nosos preferidos, JIT, sen lugar a dúbidas o grupo con mellor sonido rock do momento na zona. Recoñecidos pola crítica local como o grupo do momento. Jit son do Hio, de Cangas e tamén de Beluso (contan con membros de Vigo e Pontevedra) Son un grupo como eles mesmo se definen de Rock Clásico, as influencias son varias como eles din, Deep Purple, Quique Gonzáles, Elefantes, pero por máis que o intentamos non fumos capaces de dar con un grupo o que se pareceran, xa que eles sonan a JIT.-
Recomendamos a compra da súa primeira maketa, Pequeno, que conta con varios temas.
JIT participa no concurso de maketas de 100 pipers
colabora con eles e vota o seu tema No, Señor

One response

11 11 2009
DESKARGA FURTIVA

Como podras saber o Festival Furtivo foi suspendido os motivos imaxino que xa os sabras de sobra una pena a verdade esperemos que a clase politica de cangas recapacite en vindeiras edicions, pero este ano para non perder a 3 edicion decidimos montar un CONCERTO FURTIVO na SALA ZONA BUEU os grupos que actuaran a partir das 22:00h o venres 4 de Decembro son:
BASTARDS ON PARADE – CORUÑA – FOLCK PUNK
MOUSSA & LATIN REGGAE (ex agua bendita) BARCELONA – SKA, REGGAE, ROCK
LA TUNA RASTAFARI – MORRAZO (presentaran este dia o seu novo disco “Carne de Pachanga”
LOS DEL GAS – RENTERIA – ROCK

Entrada Unica 10€

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: