“As Sies son o noso obxetivo irrenunciable”
Toñito Clarete, lider do CIM, volve a palestra cun novo manuscrito. O paramilitar morracense, acompañdo por dous dos seus homes fortes das forzas especiais de Coiro Sejuro (CS), fixo unhas declaracións nas que se pode comprobar que o CIM quere estar na conformación do novo goberno cangués.
Segundo o propio Toñito a “realidade sosial do morraso vai lijada intrínsicamente a Canghas, e por iso non estamos dispostos a tolerar que os partidos de esquerdas anden as ostias, por que as ostias se fai falta repartímolas nós”. Coma de costume o Toñito fixo de home duro, criticou o papel da prensa vighesa, “o Faro de Vijo e os seus secuaces son carnaza para a quenlla morrasense, non estamos dispostos que Juanito Calvorota e os seus amighos anden a enredar para ghañar un puñado de votos para a dereita de Sotelo”.
Coma ven sendo de costume por estas datas, Manolo do Sacho (líder espiritual do movento armado morracense) publicou os nomes dos que eles denominan malos-malísimos. Con voz ronca e sen nicotina (gracias a esta nota do Faro de Vigo). Os citados foron:
-Abel Caballero, como malo malísimo supremo. Nominado por “Caixanova es de los vigueses” (O CIM supón que tamén os morracenses teñen os seus cuartos en Caixarrouba)
-Corina Porro, como mala malísima portuaria. Nominada por “Massó será el puerto deportivo de Vigo” (E Vigo é o lugar de traballo para os morracenses, claro debémoslle algo, que mellor que un porto en Massó como agasallo)
-Ventura Pérez Mariño, como malo malísimo olvidado. Nominado por estar desaparecido, por botalo de menos na política provincial.
-Rafa Louzán, como mala malísimo na Deputación. Nominado polos contactos que ten que ter cas empresas de herba sintética que están enchendo a provincia (menos Bueu, que inda non conta cun campo de seu)
-Fervenza, como malo malísimo de Moaña. Nominado directamente a xuizo popular por tocapelotas, por larpeiro e por andar a facerlle as beiras a Louzán, deixando fóra a Marinelli.
-Chapela Seijo, nominado por malo malísmo copión. O ex alcalde de Cangas, copiara fai tempo nun exame, esto non se esquence. (tampouco esquencemos que ande a mal meter contra Sotelo, por que para o CIM Sotelo é un compañeiro morracense)
-Juan Calvo, nominado por malo malísimo do panfleto vijés. O corresponsal do Faro no Morrazo énchese escribindo ou intentando escribir en contra da esquerda morracense. Non estamos dispostos a seguir aguantandote.
Se eres un deles non dudes en defenderte das acusacións do CIM, seguro que tes moito que dicir, por que esa é unha das cualidades que define a tódolos nominados, que falandes moi ben, mellor o castelán que o galego, todo hai que decilo.