ONDE ESTÁ O PSdG DE CANGAS

4 02 2010

hector otero Parece incrible que non teñamos noticias de Otero e os seus. Pasou case unha semana dende que a Voz publicara a ruptura de goberno de ACE. Dita ruptura viu motivada en gran medida pola reorganización de goberno que Clara Millán fixo en Urbanismo. Mariano Abalo tivo que deixar a concellería, pero deron un prazo de tres meses para solventa-lo que segundo eles era un erro do BNG. O non retractarse ACE rompe co pacto tripartito.

Curiosa a situación que se vive no outro partido do tripartito. O PSdG de Cangas leva toda a semana sin decir nada. Pero o que é peor, a Tomás (edil que sustitúe a Docampo, aquel crack que se deu conta que o do Concello de Cangas era peor do que imaxinaba) a alcaldesa tamén lle quitou a concellería de Medio Ambiente. Pola contra Otero e os seus non respaldaron o seu compañeiro.

Agora a pelota está na casa do PSdG pero non queren xogar, prefiren manterse fóra do campo de xogo, así aseguran un empate, e por suposto, nin se desgastan nin se cansan. O problema é que inda non vin un partido que se gañara sen xogar, a non ser partidos que se ganan nos despachos de Madrid.

Otero esperta!!!!





COMO SER UN PIRATA E VIVIR NO RÍO BOUZÓS

3 02 2010

Dende a tempos que nin as cámaras de fotos capturaron Casimiro Boubeta viviu entre os cantos rodados do Río Bouzós, o cal el considera “o río da vida e da morte”. Pola súa retina pasaron moitas imaxes históricas, moitas das cales forman parte da historia da vila, quizáis recordar aqueles tempos, non sexa absurdo, se ben, canto máis entendamos o noso pasado máis fortes seremos de cara o noso futuro.

“Recordo no ano 37 cando os republicanos subían río arriba, deixando atrás mulleres e nenos, ca única esperansa de volvelos a ver. Na máis que levaban un macuto o ombreiro, cun pouco de pan, algho de tousiño e un pouco de chiculate, que anos atrás se pusera de moda ca entrada dos burgheses cataláns. Un día un rapaz duns dezaseis anos acheghouse a min, pousou o macuto  no chan, levou as mans a cara, e entre choros e berros de impotencia pediume que coidara da súa irmá. Aquela nena que se chamaba María é a miña muller, filla da muiñeira do Tromentelo e do Mestre de Cangas, o señor Evaristo. Non recordo nada máis daquel rapaz, tan só me veñen a cabesa situasións que recreei no meu imaxenio grasias as verbas amables e sempre cómplices de María. O que hoxe suponse sería o meu cuñado tería 88 anos, din que morreu poucos días despois de que o atoparan, preto dos montes de Ermelo, onde o monte bica o ceo, onde case se pode soñar sen durmir e onde cada 25 de xullo subimos a familia enteira, a rendirlle o noso pequeno homenaxe.”

guerra

María





RUPUTURA DE GOBERNO EN CANGAS

30 01 2010

tripartito

A ruptura de goberno en cangas poderá traer moitas cuestións a plantexarse, non só polos políticos senón tamén polos veciños. Os case tres anos de goberno do tripartito foron un verdadeiro desaguisado, unha cuestión de forzas, de orgullo e máis de chulería propia dun jodechincho.

A realidade política reabre novos debates no consistorio municipal. Clara Millán asumirá gran parte do traballo no goberno, posto que o PSdG xa anunciou que non serán eles os que collan ningunha das concellarías vacantes. Así o grupo liderado por Otero segue nas mesmas, sálese da bronca que tilda de dous, e así eles quédanse nun segunda plano por un puñado de votos. A situación dantesca dos socialistas cangueses e un claro símil ca fórmula de pasar desapercibido. Levan todo un goberno remando entre dous mares, sen tomar cartas no asunto. Pola contra o BNG segue na súa postura quintanista de facer populismo barato, as declaracións de Clara e de Óliver son dagas envelenadas contra os edís do resto de partidos, e non son capaces de velas carencias internas das súas carteiras. Recordemos que Óliver perdeu unha das partidas económicas máis grandes da UE para a Escola Taller de Cangas nun ano complicado para o paro xuvenil, e Clara no seu afán de protagonismo segue a coleccionar carteiras para seguir sen facer nada, en benestar, urbanismo e agora tamén personal.

Na axenda do concello cremos que deberían estar os seguintes asuntos:

-O PXOM é unha obriga que o pobo de Cangas delegou nos concelleiros.

-Posta en marcha dun plan municipal de fomento de emprego.

-Massó.

-Recuperación do patrimonio histórico.

-Apertura do local de ensaio. Oscar Graña a que esperas!

-Posta en marcha dun plan deportivo municipal.

-Mellora do casco vello. PEPRI

 

…seguro que hai máis engade a túa proposta nun comentario. A ver se se poñen a traballar xa!





DE PROBAS CO WINDOWS 7

29 01 2010

Despois dalgún tempo Ocioloxía volve cas armas cargadas, cargadas con palabras, con novas ideas, con novos retos, con novas metas e ca mesma retranca que sempre. Non esquencemos os nosos enimigos, pero tampouco  esquencemos os nosos amigos. Non lle guardamos rencor a ninguén, pero estamos dispostos a todo. Somos os mesmos de sempre, pero cada día teremos unha máscara. Cada día, cada hora, cada minuto, cada segundo da nosa vida seguiremos loitando a prol do ecoloxismo, en contra da especulación, estaremos do lado dos veciños e contra os alcaldes (por exemplo Caballero). Seguiremos bicando os fermosos beizos da cultura e na outra beirarrúa das forzas de opresión cultural, intelectual e psicolóxica.

Só precisamos unha cousa, crer que podemos!!!

Ocioloxía segue a convidarte a que contribuades ca nova etapa.

 

chimpance-enfadado





NON A POLÍTICA DO PORQUE SÍ!!!!

23 12 2009

Estamos fartos…

Estamos fartos de que a clase política non valga para nada, ou non temos a dignidade de deixar de lexitimalos. Estamos fartos da corrupción política, por que só vemos a punta do iceberg, ou é o único que queremos ver. Estamos fartos de que o rural morra, pero nunca criaríamos a un fillo na aldeas dos nosos avós. Estamos fartos de que nos asfalten o monte, pero pedimos un AVE. Estamos fartos de que non chegue o AVE, e se chega que?

 Estamos fartos dos atasco nas grandes vilas, pero non apoiamos un transporte público. Estamos fartos de dicir que non queremos subvencións que queremos solucións, pero os cuartiños para o peto. Estamos fartos dos catro ricos que nos gobernan, pero seguimos a ilusionarnos cada 22 de decembro en convertirnos en Amancio Ortega. Estamos fartos do fútbol, pero cada domingo sufrimos. Estamos fartos da televisión basura, pero o Gran Hermano e Fama arrasan.

Estamos fartos dos telediarios sanguinarios e de sucesos, pero pola contra seguimos comendo mentres vemos tales desgracias. Estamos fartos da fame no mundo, pero seguimos sen perdoar a deuda dos paises pobres por que senón este xogo non tería sentido, un rico manda sobre un pobre asoballado. Estamos fartos do sistema educativo, pero cuestionamos os mestres. Estamos fartos do paro, pero seguimos a pensar que a construcción é a solución.

Estamos fartos….?





A RUÍNA DUN PAÍS

27 11 2009

Cando a diversidade política non encontra máis que lazos de unión nun ficticio estado de dereito, os cidadáns deberíamos de comezar a pensar que algo non funciona. O caso é que para eles funciona moi ben, e como non, se eles mesmos son os que crean as regras do xogo. É fácil, se non queres xogar con eles, pinchan a pelota e se queres xogar tes que aceptar as súas normas, para algo o parchís é deles non? E senón como se explica de que aceptemos sen fisuras dita normativa, aceptámolo calando.

As veces sobran palabras, pero tamén son necesarios en certos casos. A opulencia, a chulería, a humillación, o desfalco, a corrupción e a desfachatez van unidas de forma inherente a políticos e as agrupacións que os amparan, feudos medievais nos que no nome de ditos guetos poden facer todo o que lles plazca. O peor de todo non é que un polítco roube, se non que un político de esquerdas o faga. Manchar un posicionamento ideolóxico que estivo o crimos que estivo tan preto das clases menos favorecidas, non deixa de ser unha metáfora oscura e transparente deste mundo de fieras capitalistas no que nos teñen calados.

Non pensamos por nós mesmos e se o facemos é para darnos conta de que estamos no vértice dun cumio, e dende este divisamos o desenfreno o que nos teñen acostumados os políticos. Dita costume estanos a inmunizar, e quizáis algún día non nos parecerá estrano de que a malversación de fondos sexa unha parte dos Presupostos do Estado, e nos calaremos.





UNHA TARDE NA BODEGA

27 11 2009

-“Despois de que o baghazo esté macerando colles a cunca de serámica e probas un ghrolo. Se está ásido bótalle máis asucar, no caso contrario deixa que o alcohol da fermentasión fagha efecto!”

Saturnino e Meireles estaban sentados nun banco de madeira de carballo frente a nova cuba de aceiro inoxidable que Meireles comprara en Vila de Cruces. O caso é que tras a vendimia están a plantexarse en facer un viño diferente. O caso é que Saturnino, o alquimista do pobo está a intentar facer o que el denomina “A Jran Fusión”, viño e sidra, unha mezcla explosiva para moitos, pero para el é o futuro. El sempre comenta ” se tes un ano malo en masás podes ter un ano bo de uva, e viseversa, polo que a culleita queda totalmente gharantizada”

 





ENTREVISTA DE RAFAEL CUÍÑA A QUIN

19 10 2009

Quin como pitoniso non tiña precio. O caso é que esta entrevista ten moi poucas visualizacións, o cal a min me parece realmente estrano, dada a repercusión de ámbolos persoeiros.





UN APOIO

19 10 2009

Ocioloxía quere mandar un apoio sen fixuras a tódolos votantes de partidos de dereitas que falan e pensan en galego. Por que non é delito ser un votante do PPdG e falar e vivir en galego, inda que moitos non queiran amosar esta cara do partido que hoxe goberna en Compostela. Por iso, e inda que dende este portal temos tido os nosos encontros, queremos facer un declaración en prol do uso do galego en tódolos ámbitos.

Persoeiros como Rafael Cuíña, Xosé Luis Barreiro e outros afiliados do PPdG, son claros defensores da lingua, polo que dende hoxe tan só queremos que saían verbas de folgos para que continúen loitando polo que cren xusto. Mañá xa veremos!!! 🙂

O centro-dereita galeguista bota a andar… Ánimo!!





COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRASO

17 10 2009

Acabamos de recibir un comunicado do colectivo paramilitar morracense, e sen máis entretemento transcribimos a nota que se nos fixo chegar por medio de correo postal, algo xa habitual no CIM.

cunca O CIM exise o fin de topo tipo de declarasións fóra de tono dos concelleiros nacionalistas do BNG cangués. Santamaría e Oscar Graña están a quentar as masas. E pedimos que sexa a propia alcaldesa a que condene a violensia da juardia sivil as vesiñas e vesiños de Canjas, que sufriron a dureza das represións  dos descerebrados. Non estamos dispostos a ser un mero espectador máis, exisimos que o BNG e o PSdG condenen de inmediato todo tipo de violensia.

O CIM prosighe ca súa trejua de paz duradeira, e estamos dispostos a comesar unhas novas nejosiasións sempre e cando o equipo de joberno deixe claro que Massó e dos morrasenses e non de catro especuladores vijeses.

Onte Abel Caballero e hoxe Corina Porro son os inimighos naturais dos canjeses e polo tanto de todo o Morraso. Non estamos dispostos a ser unha colonia de ricachóns vijeses. Non queremos ser os servos de catro lenjueros. Non queremos vivir dun turismo estival, e moito menos manter a catro pelajatos que se enchen a boca con merda e máis merda. O mar é o noso pan, e Massó o noso futuro, e non imos hipotecar o noso estómajo para que os noso fillos terminen de pajar este holocausto canibal.

Dende o CIM estamos a defender a cultura morrasense, a economía morrasense, os ecosistemas morrasenses e en resumo a todo o Morraso, sexa de Moaña, Bueu, Marín, Salsedo, Lourisán, Ons, Vilaboa ou Canjas. Sejiremos a loitar pola inclusión das Sies en territorio morrasense, e non permitiremos que se masifiquen de torristas abraiados polos medios de manipulasión.

Ditos medios de manipulasións están a tocárnolo carallo, e cando nos quentemos vai arder Trolla, Toralla e nai que os pariu

ASINADO: COMANDO INDEPENDENTISTA DO MORRASO

MANOLO DO SACHO, TOÑITO CLARETE

CÚPULA MORRASENSE