En ocasións, en tertulias con amigos e coñecidos, de diferentes opcións políticas, chegamos as mesmas conclusións. O caso é que todo xira arredor de sí. A democracia na que vivimos permite votar os políticos, pero non permite votar os que gobernan, co cal vémonos dirixidos por unha clase de magnates que controlan os medios e a política. Por favor que ninguén se engane, non estamos falando de teorías conspiratorias nin nada semellante, simplemente de quen controla o teu traballo, os teus cartos e polo tanto o teu futuro. Faltan neste mundo máis collóns, e perdón pola expresión. O caso é que dentro desta coiuntura económica adversa para o capital, e por conseguinte para a clase traballadora, inda que pareza contradictiorio, vémonos afogados por múltiples declaracións vacías de contido.
Todos estamos ate aquela parte do corpo antes comentada, pero é complicado romper o taboleiro creado polo capital. O xogo está moi ben montado, as reglas non permiten facer tácticas de dorrocamento, xa que enrócanse e se a túa opción é salirse do mesmo píllante en fóra de xogo, e polo tanto complícante a vida (observade que pasou ca flotilla a Gaza).
Sinto algo extrano nos meus adentros. Algo difícil de explicar. Por unha banda todos nos queixamos, pero por outra pregamos a quen sei eu de que as cousas non vaian a peor. E é precisamente aquí onde nos teñen agarrados por aqueloutra parte do corpo. Xogan co medo do traballador, co cese laboral, co despido, con ERE´s, con baixadas de soldo, con todo o qeu se lles ocurra. Falan de despido libre, e namentras os créditos ICO están controlados polos corvos negros deste conto, e mentres o lagrego da novela non atopa a espada de Excalibur para derrocar este Reino de Taifas. O pequeno empresario encóntrase acorralado entre pagos e débedas, pero a financiación esfumouse. O traballador pensa que pode perder o piso, o coche, a lavadora e o TV de 40″, que precisamente o capital lle facilitara para enmascarar as negras plumas, pero agora eles xogan a súa carta, o AS DO MEDO.
E tí queres seguir xogando?
Deixar unha resposta