XEADO DE TOXO

2 08 2010

Algo se move no Morrazo!!!

Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!

Moito ánimo e longa vida!!!





SE NON LEVADES A MERDA TRAÉMOLA NÓS

2 08 2010

Magnifica exhibición unha vez máis do Faro de Vigo. Merecen un aplauso por tanta hipocresía mediática, por tanta mediocridade que demostran día tras día, co difícil que resulta manterse a dito nivel. Faro de Vigo volve outra vez a carga, e desta vez non por publicar algo, senón por deixar de facelo.

Unha vez máis, a dirección de Faro de Vigo volve a estar a altura do betún, de onde parece non quere emerxer.

O certo é que non molesta quen quere, senón quen pode, pero desta vez vémonos na obriga de sacar adiante este post, para denunciar a manipulación mediática. O caso é que o pasado sábado, o redor das 12:00h un grupo de xente, arredor de 80 persoas, demostraron que é posible denunciar a parálise municipal diante de todo un pobo. En Massó, xusto na entrada principal da antiga fábrica conserveira, mozas e mozos cargaron contenedores de lixo, de merda, como eles lle chaman, que está almacenada xusto diante da antiga gardería. De tódolos xeitos todo estaba pensado. A merda colocaríase cada unha no seu contenedor, é dicir, os orgánicos a un contenedor de orgánicos, os plásticos o contenedor habilidado para tal efecto e así con varios contenedores. Cada un deles ademáis estaba perfectamente colocado, como se de cestas de nadal se tratasen. A merda foi conducida a pé dende Massó ate a porta do Concello. Alí quedou, a espera que o servizo de recollida de lixo o recollera (que o fixo en duas horas), mentres outra montaña de merda segue almacenada diante de Massó dende fai anos, a espera de que alguén se digne a recollela. Esta merda é a que se recolleu noutrora nos privilexiados espazos naturais de Massó. Xente que desinteresadamente e cun sentido práctico depositou neste lugar co fin de que o Concello mandara un camión a recollelo. Dito camión non deu chegado, e mentras este espazo de Massó convertiuse nun estercoleiro.

Queren destruir Massó!!! E Massó xa está destruído, tan só falta que se decidan a facer algo, o que? Pois cada terá a súa teoría de practicidade.

A manifestación-ecolóxica, transcurriu con tranquilidade, custodiada en todo momento pola Policía Local, quenes parecían escoltar a terroristas, sin embargo, recibirón unha maxistral clase de civismo. Estamos en contra de toda manipulación mediática, por iso, as veces calar, tamén é complice do cinismo máis cruel e déspota.

Pedimos a dirección de Faro de Vigo que fique no seu pasado, que pechen a porta por dentro e que tiren a chave pola ventá.





A LUITA CONTINÚA

19 06 2010

Ramuiñás, un vello conocido da Congorza, sempre conta a mesma historia. No bar do Félix, sempre falan del como o “Chispón”, por ser un pouco animado cando toma uns vermuts de máis. Alí onte non faltaban os de sempre, Jurme, Raiote, Filighranas, Manolo, Servando, un vello que nunca fala, o da Finita, Marisol na cociña e Félix o mellor taberneiro da comarca. O televisor estaba a botar un “programa deste de sobremesa con catro pelajatos enchendo a boca de merda” tal e como o Servando dí. Ademáis é curioso como ninguén lle fai moito caso, ate que empeza o partido.

Nese momento Félix toma o mando do “Plus”, sube o volúmen, colle o mando da tele, sube o brillo, baixa contraste e tamén sube o volúmen. Acto seguido, como hipnotizados pola voz de Carlos Martínez, vólvense e danlle o lombo a barra, os que están sentados deixan a partida e póñense todos en posición de cara o televisor e algún despistado que andaba polo servicio sae correndo subindo a cremallera xa fora do baño (algúns non se acordan de volvela a subir ate a siguiente visita o excusado).

A xente non fala, todos esperan as alineacións. Entón o locutor comeza a dalos nomes dos “heroes”, dos super homes, dos gladiadores romanos que saen a loitar contra as fieras.

-“Na portería Casillas, na liña defensiva Piqué, Puyol polo centro e nas bandas Ramos e Capdevila, na medular Xavi e Xavi Alonso acompañados de Busquets, en posicións máis adiantadas estarán Silva caindo a dereita e Iniesta a esquerda, e na dianteira o ariete asturiano David Villa.”

Xusto cando comezan a decir os nomes dos rivais comeza unha discusión no bar:

-“Casillas, Casillas, eu puña a Valdés que ven de ghanar a ligha, e cunha forma física da ostia”- Dice o Filighranas, que foi un afamado xogador do equipo local alá polos anos cincuenta. Sempre vai de entendido e sempre acaba tendo a última palabra, no por ter a razón, senón que o resto non queren chegar as mans.

-“Casillas leva moitos partidos de internacional, e nunca fallou, eu puñao seghuro. Aghora o que me enche as pelotas é que non meta a Navas. Ese si que está como un tiro.”- Responde Ramuiñás “O Chipón”.

-“Ti cala que non tes nin puta idea de fútbol. Se inda eres dos que pensa que o fútbol e o futbolín son a mesma cousa”- Asevera o Filighranas.

-“Tes rasón Filighranas, o futbolín inventouno un ghallego no caldeiro, e o fútbol os inghleses”- Dí o Jurme intentando que a conversación non se quente.

O caso é que continúan berrando todo o partido, dicindo animalada tras animalada, pero cando rematan os noventa minutos, volvemos a realidade.

Ramuiñás baixa a cabeza, e sobre a mesa de aglomerado do bar do Félix, o xornal de hoxe ten un titular que dí: “O FMI anuncia recortes sociais en todos os paises do mundo”.

Anestesia esférica, morfina popular ou o opio do pobo.





DISIONARIO CANJÉS-JODECHINCHO!!!

12 06 2010





TERRAS DO MORRASO

10 06 2010

Un novo blogue comeza a súa andaina. Esperamos que todo vaia moi ben. Moito ánimo para os creadores e un apoio total.

TERRAS DO MORRASO





POLITICA DE ACCIÓN

2 06 2010

En ocasións, en tertulias con amigos e coñecidos, de diferentes opcións políticas, chegamos as mesmas conclusións. O caso é que todo xira arredor de sí. A democracia na que vivimos permite votar os políticos, pero non permite votar  os que gobernan, co cal vémonos dirixidos por unha clase de magnates que controlan os medios e a política. Por favor que ninguén se engane, non estamos falando de teorías conspiratorias nin nada semellante, simplemente de quen controla o teu traballo, os teus cartos e polo tanto o teu futuro. Faltan neste mundo máis collóns, e perdón pola expresión. O caso é que dentro desta coiuntura económica adversa para o capital,  e por conseguinte para a clase traballadora, inda que pareza contradictiorio, vémonos afogados por múltiples declaracións vacías de contido.

Todos estamos ate aquela parte do corpo antes comentada, pero é complicado romper o  taboleiro creado polo capital. O xogo está moi ben montado, as reglas non permiten facer tácticas de dorrocamento, xa que enrócanse e se a túa opción é salirse do mesmo píllante en fóra de xogo, e polo tanto complícante a vida (observade que pasou ca flotilla a Gaza).

Sinto algo extrano nos meus adentros. Algo difícil de explicar. Por unha banda todos nos queixamos, pero por outra pregamos a quen sei eu de que as cousas non vaian a peor. E é precisamente aquí onde nos teñen agarrados por aqueloutra parte do corpo. Xogan co medo do traballador, co cese laboral, co despido, con ERE´s, con baixadas de soldo, con todo o qeu se lles ocurra. Falan de despido libre, e namentras os créditos ICO están controlados polos corvos negros deste conto, e mentres o lagrego da novela non atopa a espada de Excalibur para derrocar este Reino de Taifas. O pequeno empresario encóntrase acorralado entre pagos e débedas, pero a financiación esfumouse. O traballador pensa que pode perder o piso, o coche, a lavadora e o TV de 40″, que precisamente o capital lle facilitara para enmascarar as negras plumas, pero agora eles xogan a súa carta, o AS DO MEDO.

E tí queres seguir xogando?





VOLVE O CIM, VOLVE TONHITO

25 04 2010




O SON DE CANGAS?…O SILENCIO DE CANGAS

13 04 2010

Ver imagen en tamaño completoEstamos en abril de 2010, as arcas municipais están baleiras, non temos un chavo, non temos unha chica, non temos un duro, non temos un euro, non hai pan que levar a boca. O caso é que coma sempre a xuventude morracense sae perdendo.

Ver imagen en tamaño completoCasa da Cultura mermada, insuficiente e con poucas ferramentas do século XXI, cunha Casa da Xuventude que parece máis ben un despacho personal, cunha sala de ensaios case pechada (algúns poden pasar), cunha piscina municipal abogada a ruína, cun plan municipal que non desde agora, dende sempre deu pena, non falemos dos plans municipais para universitarios, ciclos formativos, Escola Taller (que pasou con esto señor concelleiro), a formación é algo indiscutible señores concelleiros, e con todo isto como teñen os santos juevos de dicirnos que non temos iniciativa, que estamos apampanados, que somos carne de cañón, etc.

Ver imagen en tamaño completo Xa bastante facemos con “ir tirando”. E inda por se fora pouco, o Son de Cangas 2010 parece que non arranca. Despois do Son de Cangas 2009 case que é mellor, e senón que falen algúns grupos… O caso, estamos aletargados pero non estamos mortos, calquer día espertaremos, colleremos os “amplis” enchufaremos as jitarras e reventaremos!!!!

Ver imagen en tamaño completo Por que estamos ate os collóns!!!!

PD: Vexan a páxina… http://www.sondecangas.com/





CANTANDO UNHA DE GARDEL

13 04 2010

Como quen morre sen darse conta, como quen escribe por escribir ou fala por falar. Como aquela que reza, como a que pensa en branco ou simplemente existe. Como o que insulta, como o que increpa por increpar ou espera unha resposta. Como o que navega sen rumbo, como o que non ten brúxula ou mapa. Como a que colecciona odio en lugar de rosas, como a que colecciona espiñas en lugar de pétalos.

Como o que chora por non rir, como o que aguanta por aguantar. Como a que luita sen principios, como a que sigue a Vicente ou o rebaño. Como o que come sen ter gañas de comer e bebe sen ter gañas de comer (Mago). Como a que asinte e agocha a cabeza, como a que esconde o rabo ou baixa as orellas. Como o que prefire ser que estar e estar que ser, como o que vive sin vivir e o vivir é un sinvivir.

Como a que pecha o puño en alto, como a que grita ou berra. Como o que canta unha de Gardel, como que hoxe che traigo unha gardenia ou unha rosa vermella. Como a que bica a meixela amiga, como a quen non lle pesa dicir quérote ou ámote. Como o que dá unha man sen precisar que lla davolvan, como o que vive para que vivamos ou para que disfrutemos. Como a que aloumiña a túa ialma, como a que pecha os ollos para verte ou sentirte. Como que me chamo África e sinto que enfermo, como que me chamo pobreza e choro ou morro. Como a que denuncia a un animal vestido, como a que non consinte que a menosprecen ou maltraten. Como o que hoxe fotografía o teu sorriso para empapelar a parede do cuarto, como o que graba a túa voz para oila unha e outra vez no reproductor ou na memoria.





O PARAFUSO E O MARTELO

29 03 2010

O cigarro prendido axudaba a encher de cinza o borralleiro que estaba na mesa camilla. El, con barbas brancas e unha gorra calada ata as cellas, debuxaba ceros no aire ca axuda do fume do “negro”. Facía tempo que non reollaba aquel vello libro que estaba no terceiro estante, o lado dos atlas que tempo atrás tanto uso lle dera. Agora xa vello e con poucas forzas permitíase o luxo de sentarse na cadeira de madeira, pousalos pes no braseiro e voltar a vista atrás axudado polos libros da súa xuventude.

O almanaque comenzara a conta atrás, nunca pensara niso, e agora nun día de chuva e de vento parecía imperdoable que non pensara nas cousas que quería facer antes de irse. Así que pousou o libro o lado do borralleiro, apagou o cigarro e sacou o gorro. Pasou a súa man encallada polas barbas, de arriba cara baixo, percorrendo todo o seu rostro dende as meixelas ate o queixo, deixando caer a man ate onde terminaban os cabelos brancos, repetiu este movemento unhas cantas veces, ca tranquilidade que só dan os anos, ca esperanza que ofrece o tempo e ca naturalidade dun que nunca utilizara unha coitela de afeitarse.

De sócato levantouse, colleu un cuaderno Enri e sacou a pluma que levaba na camisa. Con sutilileza sacou a tapa pousouna na madeira da mesa e preparouse a escribir. “Que podo facer antes de irme?”

“O certo é que nunca antes pensara en que facer antes de morrer. Curiosa paradoxa que nos trae a vida, todo o tempo atrás simplemente vía as horas pasar, sen prisa, como quen espera un autobús, ou como aquel que espera tomando un café a que o da mesa do lado termine co periódico. Hoxe, sin que a data supoña un aliciente, sin que a miña saúde me dixera que facer, empuño unha vella pluma, con menos uso do debido, pero con moita tinta. Que podo facer antes de irme?”