A LUITA CONTINÚA

19 06 2010

Ramuiñás, un vello conocido da Congorza, sempre conta a mesma historia. No bar do Félix, sempre falan del como o “Chispón”, por ser un pouco animado cando toma uns vermuts de máis. Alí onte non faltaban os de sempre, Jurme, Raiote, Filighranas, Manolo, Servando, un vello que nunca fala, o da Finita, Marisol na cociña e Félix o mellor taberneiro da comarca. O televisor estaba a botar un “programa deste de sobremesa con catro pelajatos enchendo a boca de merda” tal e como o Servando dí. Ademáis é curioso como ninguén lle fai moito caso, ate que empeza o partido.

Nese momento Félix toma o mando do “Plus”, sube o volúmen, colle o mando da tele, sube o brillo, baixa contraste e tamén sube o volúmen. Acto seguido, como hipnotizados pola voz de Carlos Martínez, vólvense e danlle o lombo a barra, os que están sentados deixan a partida e póñense todos en posición de cara o televisor e algún despistado que andaba polo servicio sae correndo subindo a cremallera xa fora do baño (algúns non se acordan de volvela a subir ate a siguiente visita o excusado).

A xente non fala, todos esperan as alineacións. Entón o locutor comeza a dalos nomes dos “heroes”, dos super homes, dos gladiadores romanos que saen a loitar contra as fieras.

-“Na portería Casillas, na liña defensiva Piqué, Puyol polo centro e nas bandas Ramos e Capdevila, na medular Xavi e Xavi Alonso acompañados de Busquets, en posicións máis adiantadas estarán Silva caindo a dereita e Iniesta a esquerda, e na dianteira o ariete asturiano David Villa.”

Xusto cando comezan a decir os nomes dos rivais comeza unha discusión no bar:

-“Casillas, Casillas, eu puña a Valdés que ven de ghanar a ligha, e cunha forma física da ostia”- Dice o Filighranas, que foi un afamado xogador do equipo local alá polos anos cincuenta. Sempre vai de entendido e sempre acaba tendo a última palabra, no por ter a razón, senón que o resto non queren chegar as mans.

-“Casillas leva moitos partidos de internacional, e nunca fallou, eu puñao seghuro. Aghora o que me enche as pelotas é que non meta a Navas. Ese si que está como un tiro.”- Responde Ramuiñás “O Chipón”.

-“Ti cala que non tes nin puta idea de fútbol. Se inda eres dos que pensa que o fútbol e o futbolín son a mesma cousa”- Asevera o Filighranas.

-“Tes rasón Filighranas, o futbolín inventouno un ghallego no caldeiro, e o fútbol os inghleses”- Dí o Jurme intentando que a conversación non se quente.

O caso é que continúan berrando todo o partido, dicindo animalada tras animalada, pero cando rematan os noventa minutos, volvemos a realidade.

Ramuiñás baixa a cabeza, e sobre a mesa de aglomerado do bar do Félix, o xornal de hoxe ten un titular que dí: “O FMI anuncia recortes sociais en todos os paises do mundo”.

Anestesia esférica, morfina popular ou o opio do pobo.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: