Dende hai xa ben de tempo, os jalleghos teñen peito, teñen peito e mais juevos, inda que sexan pequenos. Comensaron os máis vellos conquistando o estranxeiro, invadindo continentes, pra traer uns poucos ferros
Esta é a historia que narraron os Heredeiros e que hoxe se segue a repetir 10 anos despois de que este tema soara por tódolos locais galegos, acordádesvos, era aquel ghrito de gherra, De Jalisia o extranseiro hai catro ventos e medio. Pero o caso é que non foron os primeiros en falar da pandemia galega, as terras quedaron orfas das mans que a traballaban, en busca dun futuro máis esperanzador. Algúns voltaron e montaron grandes mansións, como as de Avión ou Beariz, outros ficaron nun olvido esnaquizador, e os máis sempre choraron a morte de algún a milleiros de quilómetros.
Castelao falou daquela fuxida da Galicia, unha emigración que se cifra a día de hoxe en tres millóns de persoas, é dicir, máis da poboación que ten hoxe a terra verde (verde eucalipto, todo hai que dicilo).
A día de hoxe o futuro segue sendo incerto, as inversións públicas basearonse en anos de bonanza na pavimentación de portos e paseos fluviais, na construcción de palcos de festas e nun adoutrinamento esnaquizador.
Luis Davila consegue ca súa viñeta transportarnos polos anos de historia desta terra, ate chegar a hoxe, un tempo no que os máis novos, “a mellor xeración da historia de Galicia” (como dicía o meu avó), ten un fin, a emigración. Pero cales son os males endémicos que parecen muxila vaca fraca? Cales son os motivos polos que seguimos estando na periferia da periferia que fala Wallerstein e Beiras en clave galeguista? Cal é a causalidade da situación que hoxe vivimos? Deixo a que sexa a vosa reflexión a que faga deste un espazo de diálogo na búsqueda de solucións, que por pequenas que sexan poidan mudar dalgunha forma dita situación, paradóxica por un lado e esnaquizadora por outro.
Porque moitos queren ser funcionarios no nabo antes que Amancios Zara Emporio, García e Silva Blusens ou Manuel o de Pescanova.
Ademais, nun mundo de cheo nun proceso de globalización, falar de emigración debería ser unha aberración, polo menos no terreo económico. O mercado de traballo e global, e as ofertas e demandas son a niveis globlais. Adaptarse ou morrer, pero os que deben empezar son os nosos políticos acabando con isas leis de inmigración-emigración inútiles e que cohartan a liberdade de movementos das persoas.
Un saudo.
Moi dacordo contigo no tema das leis inútiles que cohartan as liberdades do ser humano, por que a ver quen somos para decir que esta terra é nosa. Inda que esta frase me recorda aquel jrito jerrilleiro:
Este terra é nosa e non de Fenosa!!!
Por certo gracias pola colabouración