MASSÓ E MAR

8 03 2008

Dar un paseo por Massó é achegarnos pola Rúa do Salgueirón (non polo Arrecife, eso debe quedar moi lexos, pero non en Cangas). Enfilarmos a nosa andaina deixando os lados as antigas casas dos traballadores da factoria, mentres o outro lado os frigoríficos parecen contemplar a fachada prinicipal do edificio do século pasado. Dende o lonxe xa divisamos a torreta, e podemos ler en letras azuis no seu cumio: Massó

dsc02259.jpg

Dar un paseo por Massó e ver a antiga conserveira, que antano foi unha das máis prestixiosas de Europa, custodiada pola Gardería Infantil, os vestiarios, e máis a fonte, a que de nenos chamábamos Cibeles. Moi preto están as escaleiras que levan cara o Hotel de Massó, unha casona de primeiros de século que parece resistir o embate dos tempos modernos rodeado de grandes árbores que parecen gardar os segredos deste edificio enmeigado

dsc02211.jpg

Máis adiente atopamos as antigas cetareas, e naves de almaceamente de aparellos, xusto do outro lado moi preto de onde se asenta a espectacular cheminea de Massó, que  divisa todo o territorio polo que se espallan os múltiples edificios .

dsc02151.jpg

Dar un paseo por Massó é visitar a baleira, hoxe unhas ruínas que conservan o chan de madeira, no que se despiezaban os cetaceos. Seguimos e atopamos os salazóns e o “muelle roto” no que unha pintada dí: Non o Porto!! 

dsc02077.jpg

Dar un paseo por Massó é dar un paseo pola historia viva do Concello.

dsc02106.jpg


Accións

Información

2 responses to “MASSÓ E MAR”

10 03 2008
Günther (10:49:37) :

Está muy bien, una forma divertida de pasear por el pueblo, el estilo me resulta familiar…seguimos con las guías?

10 03 2008
waltinho (14:03:32) :

Si, jeje. Pareceume unha forma fácil de facer algo “ben feito”.

Deixa un comentario

You can use these tags : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>